OurenseÚltima hora

Hijos de Rivera, colaborador institucional de Ourense até 2018

A corporación de Estrella Galicia comprométese a impulsar actividades socioculturais e de promoción turística da cidade
A empresa que dá vida a Estrella Galicia impulsará actividades culturais e turísticas de Ourense até 2018.
A corporación de Estrella Galicia impulsará actividades culturais e turísticas de Ourense até 2018.

A Corporación Hijos de Rivera -cuxo buque insignia é Estrella Galicia- será colaboradora institucional de Ourense durante os próximos tres anos. A iniciativa formalizouse esta mañá no Concello de Ourense, coa firma dun convenio de colaboración subscrito polo conselleiro delegado da empresa, Ignacio Rivera, e o alcalde, Jesús Vázquez. O acordo terá vixencia máxima até o 31 de decembro de 2018.

Con este texto, a firma coruñesa comprométese a fomentar, impulsar e apoiar actividades socioculturais e de promoción turística da cidade das Burgas. O alcalde recalcou a importancia disto cunha das empresas galegas de referencia: “suporá un valor engadido para a promoción e a imaxe da nosa cidade”, valorou.

Pola súa banda, Rivera reafirmou o “compromiso por Galicia á hora de apoiar actividades que contribúen ao noso desenvolvemento social e cultural” e ratificou “a súa máxima disposición para activar todas as iniciativas que nos fagan máis visibles fóra do noso ámbito territorial”.

Artigos relacionados

Back to top button