Coa ollada posta no ascenso, o CD Barco celebraba na tarde deste domingo 27 de abril un partido moi especial no que rendían homenaxe a Esperanza, a avoa futbolera do club que asistía ao campo acompañada pola súa familia.
Con entrada gratis para todos os valdeorreses, o partido contra o Pontevedra “B” comezaba co saque de honra por parte da homenaxeada “unha verdadeira guerrillera das bancadas barquenses” quen, ademais do calor e plausos do público, recibía un agasallo por parte do club de mans do propio presidente, Nilo Ramos.
De seguido tiña lugar un minuto de silencio en memoria de Juan Ramón Guntiñas “Juanín” directivo do CD Barco recentemente falecido.
Fotos: Carlos G. Hervella.