ConcellosGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Homenaxe á matrona María Elisa Lamelas pola súa xubilación no hospital valdeorrés

 

Rodeada de compañeiros e amigos celebraba María Elisa Lamelas a súa xubilación como matrona do Hospital Público de Valdeorras, no Barco. Era agasalla cunha cea-homenaxe na noite do venres 3 de xuño no Complexo Hostaleiro Paladium en Vilamartín, na que participaban unhas 45 persoas.

 

 

Durante a cea non faltaban os momentos emotivos, os agradacementos, nin tampouco o humor, nunha celebración que remataba cunha sobremesa de agasallos.

 

 

María Elisa Lamelas, máis coñecida como Peggy, incorporábase á plantilla do hospital do Barco nos seus inicios, alá por 1981, como enfermeira. Despois pasou a ser matrona e exerceu a súa profesión. Así ao longo de máis de 40 anos neste centro sanitario do Barco.

Ademais Peggy tense implicado de xeito especial en cuestións como a divulgación e promoción da importancia da lactación materna, participando en estudos, congresos e xornadas formativas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button