Dende hai anos o CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán do Barco de Valdeorras felicita o Nadal cun vídeo no que colabora todo o centro escolar, pero o deste 2021 é máis especial que nunca. Non só polo traballo e edición en si, senón pola técnica utilizada, o croma; e polo contido, unha homenaxe a Valdeorras e ao poeta Florencio Delgado Gurriarán.
Antes de publicalo nas redes sociais do colexio, na mañá deste luns 20 de decembro, o vídeo era presentado aos alumnos de 6º de Primaria que esperaban ansiosos o resultado de todas as fotos e gravacións que realizaron durante semanas, sen saber moi ben para que eran. De feiro, era a propia directora do centro Mª Luz Moldes quen explicaba a técnica audiovisual empregada para facer o vídeo, o croma, un fondo verde no que foron gravando aos cativos realizando as actividades e movementos (en bicicleta, tocando a pandeireta, en patinese,…) no que finalmente, coma por arte de maxia, aparecen paisaxes de Valdeorras, “porque é a nosa comarca, o lugar no que nacimos e medramos e temos que defender, así como as actividades culturais que aquí se poden facer”, puntualiza Crespo, coordinador do equipo de Normalizacilón Lingüística do centro.

E todo, rendindo ademais homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán a que estarán adicadas por fin As Letras Galegas 2022. “Dalgún xeito este vídeo serve para abrir o ano de Florencio, un poeta que potenciaba a súa comarca, por iso decidimos apostar por Valdeorras e promocionala dentro e fóra”, asegura a directora.
A idea nacía case ao principio de curso, pensando no que podían facer. “Debido á situación sanitaria é moi complicado organizar festivais nin concentracións de xente polo que se plantexou a idea do croma que de seguro lle ía resultar atractivo á rapazada, e de valorar o que temos na zona, incuíndo a figura de Florencio en relación aos nosos constumes, tradicións e o entorno natural”, asegura Crespo. Así, co tema Libertad de Nil Moliner de fondo, e tras o inicio cun poema de Florencio, no vídeo podemos ver aos cativos do centro no río Sil que atravesa a vila cun guiño ao descenso, en puntos da montaña e do val en pleno outono, en tramos do Camiño de Inverno que está en pleno crecemento, na Pincheira, en Zagoaza,… pero tampouco quixeron deixar fóras as demandas como é ocaso do Hospital cuxa situación afecta a todo o mundo, nenos incluídos. Un percorrido por Valdeorras resumido en catro minutos.
Na elaboración do vídeo colaborou todo o centro pero mención especial merecen as profesoras que de forma autodidacta aprenderon os entresixos do croma para poder levalo a cabo, e de todos os compañeiros que colaboraron dun ou outro xeito colocando aos nenos que non sabían o que estaban facendo, os encargados das manualidades coa elaboración dos complementos e demais, co obxectivo de que “o desfruten as familias”, dixo Mª Luz Moldes, desexando un bo Nadal.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.