CulturaCulturaÚltima hora

Homenaxe ao grupo arqueolóxico “Los Escarbadores”, o 25 de agosto no Barco

A iniciativa será promovida polo IEV e polo Casino da vila e terá lugar ás 20h. na sede desta última entidade

Unha das pezas arqueolóxicas recuperadas por “Los Escarbadores”./ Foto: A.R.

 

Tal e como xa se anunciará hai un par de semanas, o Instituto de Estudios Valdeorreses (IEV) e o Casino do Barco preparan unha homenaxe ao grupo arqueolóxico “Los Escarbadores” que agora xa ten data. Será o vindeiro venres, 25 de agosto, as 20:00 horas, no 2º andar do Casino. A primeira xornada consistirá na inauguración dunha exposición de fotografias de gran formato (cedida por Manuel Angel Fernández Rodriguez,) que amosan “as duras xornadas de traballo nos diferentes asentamentos, que diron lugar a importantes descubrimentos que tamén se reflexaron cunha colección de xornais que ian dando oportunamente os correspondentes da prensa foron dando. Durante o acto proxectarase un video no que aparecen os protagonistas do mítico grupo, cuxos traballos foron supervisados polo director do Museo Arqueolóxico Provincial, Xesús Ferro Couselo e polo antropólogo e académico Xoaquín Lorenzo Fernández “Xocas” “, segundo adianta o presidente do IEV, Aurelio Blanco Trincado.

Esta primeira sesión correrá a cargo do membro do IEV José Ferández, pero tamén intervirá algún dos intengrantes do colectivo que darán testemuña da experiencia. A xornada rematará cun brinde e un recordo polos membros do grupo falecidos. E un viño e petiscos darán paso a uns momentos de irmandade, encontro e saúdos entre os membros du grupo que non se tiñan visto dende moitos anos, “o que, se dúbida, reforzará a amizade forxada nos campos e montanas nas que fixeron as primeiras prospeccións”, en palabras de Blanco Trincado.

Petición para dedicar unha rúa a este grupo arqueolóxico en Valencia do Sil

Por outra banda, o IEV anuncia que “vai materializar a petición ao Concello de Vilamartin de Valdeorras, na que se pedirá dedíquelle unha rúa na localidade de Valencia do Sil, ao Grupo “Los Escarbadores”. “Polas rúas de Valencia do Sil desfilaban os seus membros silenciosos, cargados con materiais e ferramentas, coas súas mochilas cargadas con bocadillos, unha bota de viño, auga e, sobre todo, ilusións. Ilusións e proxectos que aos poucos se foron convertendo en realidades. Cos seus achados foron formando un museo, “ Museo dos Escarbadores, situado en plánta soto dunha casa de “detrás do Sagrado”, hoxe Praza do Sagrado (O Barco). Aquel museo era mostrado con orgullo a barquenses e forasteiros”, lembra Blanco Trincado.
O IEV tamén indica que o Concello de Vilamartin ten ofredido a súa colaboración nos actos de exaltación da memoria do grupo “Los Escarbadores”, pioneiro na recuperación do patrimonio arqueolóxico de Valdeorras. Os promotores solicitarán a colaboración dos demais municipios, aínda que sexa inmaterial.

Artigos relacionados

Back to top button