
No ano 2009 a poeta sueca Helena Eriksson descubría o Entroido ourensán de man do etnógrafo Emilio Araúxo e vivía en varias ocasións en primeira persoa a tradición e sentimento desta tradición, convertíndose en Felo e percorrendo as aldeas da Serra de San Mamede (Maceda). Unha experiencia que a ten marcado profundamente e que plasmaba na súa poesía.
Dende entón, cada Entroido ese sentimento rompe a distancia física que separa Maceda e Suecia e Erikson homenaxea con simbólicos, poéticos e emotivos xestos a esta tradición. Unha homenaxe na que nesta ocasión as Felas de Vättlefjäll percorrían este bosque o pasado Sábado de Entroido. Un percorrido feito vídeo e dedicado a “todos os Felos e Felas e á veciñanza de Maceda”.