Poucas horas despois da celebración con boa parte da afección, coa resaca das copas (liga e Deputación) aínda presente, as rapazas do Rúa Valdeorras Futsal recibían unha merecida homenaxe por parte do CD Rúa.
Na tarde deste domingo 4 de xuño, minutos antes do inicio do partido de cuartos de final da XVII Copa Deputación de Fútbol de Ourense entre o Rúa e o Sporting Carballiño, ámbolos dous equipos facían o pasillo ás rapazas polo dobrete conseguido este ano. Despois, membros da directiva entregaban unha bufanda a cada xogadora entre aplausos e parabéns.
Fotos e vídeo: Véronica Vieira/ Por las Ramas Estudio