CD BarcoDeportesFútbolÚltima horaVídeos

Homenaxe do Centro de Deportes Barco ao Nazareno, na igrexa de San Mauro

 

Na tarde deste mércores 13 de setembro a igrexa de San Mauro, no Barco, acollía a última novena do Cristo. Unha celebración especial antes do día grande da festa (14 de setembro) na que o culto se mesturaba coa música e unha homenaxe do Centro de Deportes Barco ao Nazareno.

 

 

A misa, amenizada polo grupo A Media Luz, estivo ofrecida ás persoas vinculadas ao club falecidas e ao final da homilía, antes de que o grupo interpretase as últimas pezas, xogadores, directivos e corpo técnico achegábanse ata o altar para facer a ofrenda floral ao Nazareno e entregarlle ao párroco a camiseta do 50 aniversario do club (co fondo do mapa da comarca de Valdeorras que vai desde a parte dianteira á traseira e a imaxe do Nazareno). Un acto que Jesús Álvarez agradecía diante dos fegreses que enchían unha tarde máis a igrexa.

 

 

Unha vez rematada a homilía, acercábanse ao altar algúns dos ex xogadores e veteranos, dos que partía a idea da xuntanza que celebrarán o vindeiro 23 de setembro, como un dos actos centrais do 50 aniversario do CD Barco e que incluirá petiscada no campo de futbol de Calabagueiros, visita á exposición de copas e trofeos, un xantar no pavillón vello e fin de festa na terraza do Veira Sil.

 

Ex xogadores e veteranos do CD Barco xunto ao Nazareno.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella/ Mónica G. Bellver.
Vídeos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button