DeportesÚltima hora

Homenaxe do Concello aos infantís do C.D. Rúa polos resultados nesta tempada

O equipo, adestrado por Luis Mª Ferrer, vén de ganar a Copa Deputación 2019

Con equipos competindo nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete (ademais da sénior) é importante e digno mención o labor do C.D. Rúa cos máis pequenos. Un traballo que non pasa desapercibo, nin para a poboación nin para o Corporación Municipal.

Estaba prevista para o domingo 5 de maio no campo de fútbol, pero finalmente era hoxe día 7 cando o Concello rues rendía homenaxe ao equipo infantil do Rúa en particular a todo o club en xeral, no ano en que celebra o 50º aniversario.

O acto tiña lugar no salón de actos por parte do alcalde Luis F. Gudiña e do concelleiro de Deportes Avelino Fernández, que entregaban aos cativos que forman o plantel adestrado por Luis Mª Ferrer, unha placa “en recoñecemento ao labor formativo do C.D. Rúa nas categorías inferiores”.

 

A copa de campións dos infantís do C.D. Rúa e a placa entregada polo Concello.

 

Todos os cativos que semana a semana demostran o aprendido sobre o céspede teñen o seu mérito pero os que destacaron nesta ocasión foron os infantís que hai apenas unha semana se proclamaban campións da Copa Deputación de Ourense na súa categoría.

Despois de eliminar á A.D. Bosco en semifinais (2-5 a domicilio no partido de ida e 1-2 en casa no de volta), o Rúa enfrontábase á E.D.C. Barbadás na final disputada en Celanova, e aí os valdeorreses demostraban o seu bo facer culminando o encontro co 2-1 no marcador a favor dos amarelos que se proclamaban así campións infantís desta tempada.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button