EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Homenaxe dos gandeiros e agricultores da montaña do oriente ourensán a María Páez

Durante a cea de Nadal que os gandeiros da montaña do oriente ourensán celebraban o 21 de decembro no restaurante A Nosa Casa de Viana do Bolo tiña lugar unha homenaxe sorpresa á tamén gandeira e responsable de UUAA nesta zona, María Páez.

Entre outros agasallos, facíaselle entrega dunha placa na que podía lerse “os gandeiros, apicultores e labregos da Zona Cero da Sequía agradecémosche estes 16 anos de loita incansable defendendo os nosos intereses. Sentímonos moi orgullos de ti e queremos seguir contando contigo toda a vida. Grazas María”. Esta gandeira recollía a placa moi emocionada e amosaba o seu agradecemento.

A cea reunía a unhas 130 persoas de Viana do Bolo, A Gudiña, Vilariño de Conso, A Veiga e A Mezquita. Entre os asistentes estaba tamén o secretario xeral de UUAA, Roberto García. Despois da cea, a celebración continuaba no Bar Chicote onde tiña lugar un karaoke e un orixinal sorte de produtos relacionados co agro.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button