Con motivo do paso da 79ª edición da Volta ciclista a España pola provincia de Ourense, neste xoves 29 de agosto, na súa 12ª etapa con saída en Ourense Termal e finalización en Estación de montaña de Manzaneda, cun percorrido de 137,4 kms, a UMSV da Garda Civil rendía unha sentida homenaxe, na rúa do Paseo de Ourense zona de estacionamento de Garda Civil ao Garda Civil D.Juan Manuel Fernández Caride, garda civil destinado no Subsector de tráfico de Ourense e falecido en 2018, atopándose en servizo activo.
A Garda Civil da Comandancia de Ourense establece un dispositivo de seguridade apoiando á UMSV con axentes de diversas especialidades como, Seguridade Cidadá, USECIC, Seprona, servizo Cinolóxico e persoal do Subsector de Tráfico, en puntos de regulación e apoio na colocación de pórticos de carreira, para garantir a seguridade cidadá e vial nas vías influenciadas pola proba.
O xefe do operativo, o Comandante Rúa, é natural de Ourense.