PolíticaÚltima hora

Homenaxe do “centrismo galego” a Gómez Franqueira

Un dos momentos do acto./ Foto cedida.

Con motivo do centenario do nacemento de Eulogio Gómez Franqueira, tributábaselle unha homenaxe no cemiterio de Santo Estevo de Castrelo de Miño na mañá do 10 de xuño. Ao acto acudían representantes dos partidos políticos do centrismo galego como Fernando Alonso (Coalición Galega), José Mosquera (Compromiso x Galicia), Eladio Fernández (Vía Nova Galicia), Carlos Padín (Converxencia XXI) ou Enrique Carvalho (Alternativa Galega).

Durante as súas intervencións coincidían en manifestar o importante momento que se lle presenta a Galicia para construír unha alternativa de centro baseada nos principios que tamén defendeu o homenaxeado Eulogio Gómez Franqueira. Acudían tamén membros do galeguismo provincial como Severino Bermello, Luís Vázquez e Félix Losada.

Artigos relacionados

Back to top button