
Dende o venres 1 de novembro e ata o domingo día 3 desenvolveranse as celebracións de Todos os Santos e Fieis Difuntos nas distintas parroquias dos municipios da Rúa, Petín e Larouco, que leva o polo párroco José Manuel Fernández de Abajo.
O día 1 serán en Roblido e O Seixo ás 10 horas; Seadur, Carballal e Mones ás 11 horas; Portomourisco e Santa María ás 12 horas; Larouco e Petín ás 13 horas: e A Rúa (Santo Estevo ás 16 horas e Fontei ás 16:30 horas).
O sábado día 2 serán en Outardepregos e San Paio ás 16 horas; en Chandoiro ás 17 horas; e en Freixido ás 17:30 horas.
O día 3 será a quenda de San Xulián ás 16 horas.
Tal como avanza o párroco “en todos os pobos a misa será na igrexa e a continuación, se o tempo o permite, visita ao cemiterio”.




