CulturaCulturaÚltima hora

“Hugo”, unha proposta diferente de teatro familiar para este venres no Barco

 

Hugo fala da empatía, da necesidade de comunicarnos e da beleza da diferenza. Así é o protagonista da obra de teatro que poderá verse o venres 4 de novembro ás 19h. no Teatro Lauro Olmo do Barco.

“Hugo”, da compañía Os Naúfragos, é unha proposta dirixida ao público familiar na que se aborda o tema do TEA (trastorno do espectro autista).

Hugo é diferente. Gústanlle moito os avións e tamén toca o piano. Laia visita a Hugo todos os días. A Laia gústalle falar e gústanlle as plantas. Hugo ten TEA, trastorno do espectro autista.

Os Náufragos fai un traballo que vertebra a creación desde a dramaturxia ata a súa posta en escena. “O labor do actor ou da actriz na creación é o eixe fundamental da nosa proposta, así como a procura de novas linguaxes, próximas ao espectador e á actualidade. Entende o teatro desde o encontro e o diálogo do equipo artístico, vinculado desde hai anos cunha linguaxe común”, asegura a compañía.

A obra está dirixida por Gustavo del Río e conta cun elenco formado por Jimmy Núñez e María Roja.

Artigos relacionados

Back to top button