DeportesÚltima hora

I Andaina Soldaria pola Reforestación en Trives

Terá lugar o 30 de decembro a partires das 10h. dende a praza do Reloxo da vila e cubrirá unha distancia de 6,5 km
Imaxe do cartel da andaina trivesa.

Xusto antes de despedir o ano, o Club Montaña Trives propón unha actividade que mestura o deporte, co medio ambiente e coa solidariedade. Trátase da I Andaina Solidaria pola Reforestación, que se celebrará o vindeiro 30 de decembro a partires das 10h. “Esta será a primeira de tres andainas para a recadación de fondos destinados a reforestar as zonas queimadas da nosa comarca e arredores”, adiantan dende a organización.

O punto de partida do traxecto será a praza do Reloxo. Dende aí os participantes afrontarán un camiño de dificultade baixa e cunha distancia de 6,5 km (unha hora e media de duración, aproximadamente). As persoas interesadas en sumarse a esta proposta poden realizar a súa inscrición no correo electrónico club.montana.trives@gmail.com ou na mesma saída o día da andaina.

O prezo da inscrición será de 5 euros por dorsal. Tamén haberá “dorsais solidarios para a xente que queira contribuír e non poda asistir, e poranse a venda dende o día 22 de decembro”, din dende o Club Montaña Trives.

Dende a organización tamén se recomenda levar á camiñata roupa impermeable e de abrigo. Ao final está preivsta unha gran chocolatada para todos os asistentes no Sky.

Artigos relacionados

Back to top button