No marco da 1ª Feira das Montañas de Trevinca tamén se inclúe a primeira degustación de tapas das montañas de Trevinca nos locais da Veiga. Para participar nesta degustación é preciso adquirir un cartón, por un custe de 12 euros, que inclúe unha ración de cada tapa en cada local (seis locais), sen consumición.
O cartón será válido desde as 12.00 horas do sábado ás 14 horas do domingo. Ademais regálase unha cunca de barro por cartón.
Nesta galería de fotos pode verse a algúns dos participantes nesta proposta gastronómica.
Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis información e fotos:
https://osil.info/a-faba-loba-e-o-mel-protagonistas-da-1o-feira-das-montanas-de-trevinca/
https://osil.info/a-vila-da-veiga-convertese-nun-xigantesco-belen-enxebre-que-inclue-ao-apalpador/