EconomíaEconomíaSen categorizar

I Encontro de Cacharreiros en Niñodaguia

O acto inaugural contaba coa presenza da directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal
A directora xeral de Comercio, no encontro de olería en Niñodaguia.
A directora xeral de Comercio, no encontro de olería en Niñodaguia.

O Museo-Obradoiro da Olería de Xunqueira de Espadanedo acolle os días 14 e 15 de xuño o I Encontro de Cacharreiros en Niñodaguia co obxectivo de achegar á sociedade e poñer en valor o oficio da olería tradicional galega.

Nel participan Agustín Vázquez e Enrique Cabana representando ao centro oleiro de Niñodaguia (Ourense); Elías González do centro oleiro de Gundivós (Lugo); Josefa Lombao do centro oleiro de Bonxe (Lugo); José Antonio Añón do centro oleiro de Buño (A Coruña); Nano Unzueta como representante da olería contemporánea (Brión, A Coruña); O Buraco en representación do oficio dos telleiros tradicionais (O Rosal, Pontevedra) e Francisco Casas que se achega desde Toledo para amosar a súa olería castelán.

O evento (cun horario de 11:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 horas) inclúe diversas demostracións e venda de pezas de oito artesáns representantes dos diferentes centros oleiros existentes na actualidade en Galicia, oleiros contemporáneos e telleiros, un oficio practicamente en extinción cuxa recuperación está a apoiar a Xunta.

O acto inaugural contaba coa presenza da directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, que estivo acompañada pola xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro. “A posta en marcha desta iniciativa forma parte da estratexia integral de impulso ao sector artesanal que desenvolve a Consellería de Economía e Industria, que vén de poñer en marcha o primeiro Plan de Artesanía de Galicia co obxectivo de conseguir un sector artesán sólido e sostible no tempo e que contribúa ao crecemento da economía galega, e que inclúe iniciativas en diferentes ámbitos para a posta en valor do sector e dos diferentes oficios artesanais de Galicia”, tal e como se informa dende este departamento autonómico.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button