ConcellosÚltima hora

I Encontro Diocesano de Adolescentes e Mozos, o sábado 11 de novembro en Veguellina de Órbigo (León)

Xornada Mundial da Xuventude 2023, con mozos de Valdeorras e Viana./ Foto cedida.

 

O vindeiro sábado 11 de novembro celebrarase en Veguellina de Órbigo, o I Encontro Diocesano de Adolescentes e Mozos deste curso 2023-2024 baixo o lema “Alegres na Esperanza” convocado pola Diócese de Astorga.

Tal como exploca o delegado episcopal de Pastoral Xuvenil, Luis Fernández Olivares, o obxectivo é “ter un día de encontro, de carácter diocesano e cun contido fundamentalmente lúdico, testemuñal e de convivencia entre eles comprobando que, noutros lugares da Diócese, tamén hai mozas coas súas mesmas inquietudes, alegrías, dificultades, intereses, fe…” Olivares asegura que “ser cristián, membro da Igrexa, non significa ser aburrido, estar amargado ou non divertirse, senón todo o contrario: é gozar en plenitude da vida, porque Cristo dálle sentido a todo iso. El é a nosa “alegría e esperanza”, como puidemos experimentar o pasado verán na JMJ de Lisboa xunto ao Papa Francisco”.

 

 

A xornada consistirá nunha acollida, onde enmarcarán o día co lema do encontro e algúns testemuños e, a continuación unha xincana deportiva ata a comida. A continuación, “dirixirémonos á parroquia de San Xoán Evanxelista onde culminaremos coa celebración da Misa dominical, presidida polo noso Bispo, para mostrar que a alegría de atoparnos inclúe o celebrar xuntos o Domingo cristián e a participación no sacramento polo que nos atopamos con Xesús vivo”, avanza o delegado.

A participación no encontro é gratuíta (ó haberá que abonar o correspondente ao transporte e cada un deberá levar a súa propia comida) e poden participar adolescentes e xoves a partir de 1º ESO (inclusive). “Animamos a convidar a todos os que están no último curso de preparación para a Confirmación”, di Luis indicando que é imprescindible confirmar a asistencia antes do xoves 9 de novembro, sendo este o último día para inscribirse.

Máis información: pjastorga21@gmail.com

 

Artigos relacionados

Back to top button