CulturaCulturaÚltima hora

“I Encontro FLC-A Idade do Ferro en Galicia e o Noroeste Peninsular”, o 22 de xuño no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa

Unha das vivendas do castro de San Cibrao de Las./ Foto: A.R.

 

O Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa – PACC Lansbrica (San Amaro) acollerá o vindeiro 22 de xuño o I Encontro “F.L.C. -Florentino López Cuevillas-A Idade do Ferro en Galicia e o Noroeste peninsular. De verdade serve para algo escavar un castro?”. A partir das 10h. desenvolverase un ciclo de conferencias, no que reputados investigadores e divulgadores achegarán a actualidade arqueolóxica desta sobranceira etapa de Galicia.

Ao mesmo tempo, o acto servirá como punto de debate para a investigación e como “unha homenaxe ao primeiro escavador do castro de San Cibrao de Las e persoeiro clave da cultura e a arqueoloxía galega, Don Florentino López Cuevillas; unha oportunidade para mirar cara o pasado e o presente da ciencia arqueolóxica galega co recordo do seu iniciador e dende o punto de vista de profesionais que seguen avanzando no seu estudo cara ao futuro”, indican dende a organización.

O encontro será coordinado e moderado por J.C. Carrasco Valor, do Departamento didáctico do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa -PACC Lansbrica-. Colaboran no evento a Ruta do Viño do Ribeiro, a Vicerreitoría de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro (C.R.D.O.), os concellos de San Amaro e Punxín e o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

 

 

Este primeiro encontro 2024 nace baixo unha suxerinte cuestión: “De verdade serve para algo escavar un castro?”. Como resposta, os participantes na xornada artellarán unha serie de ideas e conceptos que, sen abandonar o fío inicial da pregunta, servirán para dar contestación a problemáticas actuais sobre a arqueoloxía e a Idade do Ferro en Galicia e o Noroeste peninsular.

No encontro participarán:
-Fernando Rodríguez Redondo e Manuel Vázquez Fernández: alcaldes dos concellos de
San Amaro e Punxín.
-Xulio Rodríguez González: Grupo Marcelo Macías.
-Yolanda Álvarez González: doutora en Prehistoria pola Universidade Complutense de
Madrid. Profesora da U.C.M.
-César Parcero-Oubiña: doutor en Historia pola Universidade de Santiago de
Compostela. Investigador do INCIPIT – CSIC.
-Andrea Mouriño Schick: doutora en Protección do Patrimonio Cultural pola
Universidade de Vigo. Profesora da Uvigo e membro do GEAAT.
-Xurxo Ayán Vila: doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela.
Investigador do Instituto de História Contemporânea da Universidade Nova de Lisboa.
-Manuel Gago Mariño: doutor en Ciencias da Información pola Universidade de Santiago
de Compostela. Profesor da USC.

O Programa:

10:00 horas -Acto de apertura– Fernando Rodríguez Redondo e Manuel Vázquez Fernández.
10:15 horas –”F.L.C, un pioneiro do estudo científico dos castros”– Xulio Rodríguez González.
10:30 horas –“10 anos de intervencións arqueolóxicas na Cidade de San Cibrao de Las”– Yolanda Álvarez González.
11:00 horas –”A revolución das novas tecnoloxías na investigación arqueolóxica, a súa aplicación en castros galegos”– César Parcero-Oubiña.
11:30 horas –”Que se conta sobre os castros? Unha ollada dende a perspectiva de xénero”– Andrea Mouriño Schick.
12:00 horas –Pausa café–.
12:30 horas –“Un exemplo de arqueoloxía en comunidade, a escavación do castro de San Lourenzo, A Pobra do Brollón, Lugo”- Xurxo Ayán Vila.
13:00 horas –”Pensan as galegas e os galegos en castros?”- Manuel Gago Mariño.
13:30 horas – Debate aberto–.
14:00 horas – Peche da Xornada e Degustación de viño do Ribeiro.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button