ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

I Feira de Arraigo á Terra o 9 de agosto en San Xoán de Río, coincidindo coa II Festa da Tenreira

Tenreira na festa do ano pasado./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O próximo 9 de agosto celebrarase en San Xoán de Río a 1ª Feira de Arraigamento á Terra, un evento único que busca promover aos produtores locais que forman parte do proxecto Arraigo á Terra e dar a coñecer o noso innovador marketplace do mesmo nome. Este evento coincidirá coa Festa da Tenreira, unha comida popular que reunirá a unhas 450 persoas, creando un ambiente aínda máis especial e comunitario que tradicionalmente se organiza polo día do emigrante.

Nun ambiente festivo e ameno, os asistentes poderán gozar de postos de venda onde se ofrecerán unha ampla variedade de produtos locais de alta calidade. Poderán degustar pan, bica, viños e meles, así como coñecer distintos produtos naturais feitos na nosa terra. Ademais, haberá áreas de picoteo con deliciosas degustacións para que todos poidan saborear o mellor da nosa rexión.

Durante a feira, realizarase un sorteo dunha cesta de produtos locais. Os tickets para participar no sorteo poderán recollerse entre as 12 e as 13 horas. Ademais, por cada compra realizada na feira, os compradores recibirán un ticket adicional, aumentando así as súas posibilidades de gañar. Ademais, entre a 13:30 e as 14:30 horas, farase unha degustación de produtos locais para ir abrindo o apetito antes da comida especial.

Este evento non sería posible sen a valiosa colaboración dos sete concellos que forman parte do proxecto Arraigo á Terra ( San Xoán de Río, Larouco, A Teixeira, A Veiga, Viana do Bolo, O Bolo, e Vilariño de Conso). O seu apoio foi fundamental para a organización desta feira, que ten como obxectivo principal fortalecer o tecido local e fomentar o consumo de produtos de proximidade.

A Feira de Arraigamento á Terra será tamén unha excelente oportunidade para coñecer máis sobre o noso marketplace, unha plataforma deseñada para conectar a produtores locais con consumidores, facilitando o acceso a produtos frescos e de calidade.

 

Artigos relacionados

Back to top button