CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

I Festival de Música Tradicional das Augas Mestas (Quiroga)

Terá lugar o vindeiro 27 de agosto con media ducia de actuacións

O arpista Roi Casal, nunha recente actuación./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Quiroga acollerá o domingo, 27 de agosto, o I Festival de Música Tradicional das Augas Mestas. No encontro de música tradicional, que está organizado polo Concello de Quiroga en colaboración co Director da Real Banda de Gaitas de Ourense, Xosé Luís Foxo, terán cabida diferentes estilos musicais, instrumentos e artistas. A Praza da Rúa Lago e a Rúa Real, serán novamente, o escenario idóneo para acoller as cinco actuacións que completan o cartel da primeira edición deste festival.

Ás oito menos cuarto, a Banda de Gaitas San Martiño de Quiroga será a encargada de abrir o festival, para darlle paso o grupo de gaitas local, O Recanto que comezará coa súa actuación a partir das oito.

 

 

Quince minutos despois, as oito e cuarto, Músicas da Bretaña Francesa,con Michel Jammet tocando a bombarda, instrumento de vento de madeira utilizado para tocar música tradicional bretona,e que estará acompañado de Louis Aberrall coa gaita bretona.

Ás oito e media actuará o Grupo Folk de Ribas de Sil, e as nove da noite chega de novo a Quiroga o cantante galego Roi Casal.

Artigos relacionados

Back to top button