DeportesÚltima hora

I Marcha Quiroga-Courel, o 19 de abril

A ruta cicloturista Red Boi, de 97 km, discurrirá por un entorno espectacular da serra do Courel e Quiroga
Perfil desta proba cicloturista de Quiroga.
Perfil desta proba cicloturista de Quiroga.

Por un trazado duro e de montaña discurrirá ao longo de 97,40 km a “I Marcha Cicloturista Quiroga-Courel Red Boi”. Trátase dunha cita non competitiva programada para o domingo 19 de abril e que pasará por puntos como o Alto do Boi ou o Alto do Couto. A súa saída darase ás 9:00h. ao carón do Concello de Quiroga e durante o percorrido a organización instalará dous puntos de avituallamento.

Esta marcha está aberta á participación de todo ciclista maior de 16 anos con licenza federativa. Os ciclistas interesados en participar poderán inscribirse ata o 16 de abril ás 22h. a través da web www.championchipnorte.com. O prezo da inscrición será de 5 euros para os federados e de 17 euros para os ciclistas con licenza dun día.

Os participantes poderán recoller os seus dorsais o mesmo día da proba dende as 8:00h. ata as 8:45h. no Concello de Quiroga. Un cuarto de hora despois, comezará a carreira. O trazado acada unha altura máxima de 1.362 metros e unha mínima de 286,60 m.

A participación recoñecerase con trofeos ao máis club numeroso, á fémina máis xove, ao home máis xove, á fémina máis veterá e ao home máis veterán. Ademais ao remate da marcha servirase un xantar para os participantes (os acompañantes tamén poderán asistir aboando un ticket de 8 euros).

Esta proba será organizada polo Club Ciclista AD A Ponte Vella de Monforte en colaboración co Concello de Quiroga. Para máis información pode consultarse á páxina web http://quirogadeportes.wix.com/redboi.

Artigos relacionados

Back to top button