DeportesÚltima hora

I ruta a cabalo entre Sobrado (Trives) e Manzaneda, este domingo 22 de setembro

 

Na mañá deste domingo 22 de setembro celebrarase unha interesante actividade nas Terras de Trives. Con saída ás 10:30 horas dende a praza da Igrexa de Sobrado terá lugar a primeira ruta a cabalo entre esta localidade trivesa e a de Manzaneda, pasando por lugares como Vilanova, Os Casares, O Souto, Acevoso ou o Souto de Rozavais.

En total é un percorrido de preto de 18 km e un desnivel positivo de 495 metros, con meta no casco antigo da vila de Manzaneda, que conta coa colaboración dos Concellos da Pobra de Trives e Manzaneda.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button