ConcellosO BarcoÚltima hora

I Torneo de dardos do Luchy’s Bar do Barco

 

Un total de 31 xogadores de dardos do Barco, pero tamén doutras zonas como Lugo, Monforte de Lemos, Ourense e Ponferrada reuníanse na competición que organizaba na tarde e noite do 9 de abril no Luchy’s Bar do Barco.

“O obxectivo era volver a xuntarnos, neste caso no Barco, os amigos que nos fumos coñecendo en diferentes competicións de dardos”, explica Sergio, afeccionado aos dardos e responsable do Luchy’s Bar.

A competición, con dúas categorías, iniciábase ás cinco da tarde e concluía en torno á medianoite. Comezábase cun cuadrante xeral e logo pasaban ao segundo nivel 16 xogadores, mentres que os restantes quedaban no primeiro.

O campión e subcampión do primeiro nivel eran ourensáns, o 3º do primeiro nivel era o propio Sergio e o primeiro e o terceiro do nivel 2 son ponferradinos.

Dende o Bar Luchy’s agradécese a participación de todos os asistentes e valórase de maneira moi positiva a experiencia. De feito, a intención é darlle continuidade a este campionato cunha nova edición para a que aínda non hai datas.

Fotos: Carlos G. Hervella/ Cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button