OurenseÚltima hora

Iberdrola e Expourense porán en marcha puntos de recarga para vehículos eléctricos

Instalaranse no aparcadoiro principal do recinto feiral 4 equipos dobres de 180 kW de potencia cada un que permitirán unha recarga de 281 de autonomía en 15 minutos

Vista xeral de Expourense.

 

Iberdrola e Expourense poñerán en marcha no aparcadoiro principal do recinto feiral ourensán varios puntos de recarga para vehículos eléctricos que poderán utilizar, ao longo de todo o ano e 24 horas ao día, os miles de visitantes (400.000 en 2021) que acudan ás feiras, eventos, competicións deportivas e campañas de vacinación masiva celebradas nestas instalacións. Prevese que a instalación estea lista para a próxima primavera.

Na súa aposta pola sustentabilidade, elemento transversal en todas as feiras que organiza o recinto, Expourense asinou un acordo con Iberdrola para ofrecer este novo servizo a expositores e visitantes. Tratarase dunha instalación de media tensión, con 720 kW de potencia instalada, que dará cobertura a 8 prazas de aparcadoiro a través de 4 equipos dobres de 180 kW de potencia cada un que permitirá a carga de 281 km de autonomía en apenas 15 minutos. Os usuarios destas instalacións poderán recargar a batería dos seus coches eléctricos con enerxía 100% verde, procedente de fontes de xeración renovable, con certificado de garantía de orixe (GdOs). Este acordo conleva, por parte de Expourense, a cesión do chan onde se van a situar os puntos de recarga, achegando Iberdrola os equipos e sufragando a súa instalación.

Os puntos de recarga de Expourense estarán localizados na App de Recarga Pública Iberdrola e desde ela pódese xeolocalizar o cargador, comprobar a súa operatividade en tempo real e reservar e pagar desde o móbil.

A colocación dos puntos de recarga eléctrica en Expourense responde o Plan de Movilidad Sostible de Iberdrola que, cun investimento de 150 millóns de euros, está a intensificar o despregamento de puntos de recarga para vehículos eléctricos nos próximos anos. A iniciativa prevé a instalación, do mesmo xeito que sucederá no recinto feiral ourensán, de preto de 150.000 puntos de recarga, tanto en fogares, como en empresas, así como en vía urbana, en cidades e nas principais autovías nos próximos anos. A aposta polo despregamento de estacións de alta eficiencia concretarase na instalación de estacións ultrarrápidas (máis de 350 kW), superrápidas (máis de 150 kW, caso da instalación de Expourense) e rápidas (50 kW).

Iberdrola é consciente da necesidade de impulsar a electromovilidad en España a través dunha acción coordinada e eficaz cos principais axentes implicados. Neste sentido, a compañía completou xa máis de 50 acordos de despregamento de infraestrutura con administracións, institucións, empresas, estacións de servizo, concesionarios e fabricantes de vehículos eléctricos.

Expourense conta coa certificación no medio Ambiente ISO 14001 e entende a sustentabilidade como unha filosofía que convén aplicar a todas as áreas da súa actividade empresarial e nas todas as súas relacións con provedores e colaboradores. Desde esta entidade feiral apostan polo desenvolvemento sostible xa que permite xerar máis riqueza e emprego exercendo ademais de motor socioeconómico nas áreas rurais, onde se atopan a maioría dos recursos que protagonizan as feiras organizadas polo recinto e que teñen o obxectivo de promover as potencialidades desta contorna no que actúan.

Artigos relacionados

Back to top button