Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Ibon Gamboa bate en Castro Caldelas un novo record na “Spain Backyard Ultra”

O atleta estivo correndo 38 horas facendo un total de 255 quilómetros

 

Os corredores que en cada edición participan na Spain Backyard Ultra (a carrera de ultradistancia nun bucle de 6,7 km a realizar nunha hora que non remata ata que só quda un) están feitos dunha pasta especial. E os que esta fin de semana competiron na deste 2021 en Castro Caldelas non foron unha excepción batendo un novo record.

Despois de 38 voltas, 38 horas correndo e 255 quilómetros, o vasco  Ibon Gamboa Santorcuato proclamábase flamante campión desta dura carreira de resistencia, seguido polo galego Jorge M. García con 37 voltas, 37 horas e 248 km. A última muller en abandoar a carreira era Irene Guembe Ibáñez con 24 voltas, 24 horas e 161 km percorridos.

 

 

Dende o Concello de Castro Caldelas que sempre colabora coa proba que reúne aos máis duros corredores nacionais, a alcaldesa Sara Inés Vega agradece a Manuel Rolán Díaz e Luis Rodríguez “o seu incansable traballo e adicación para que esta proba de ultraresistencia sexa un éxito”, e tamén a todos, os seus compañeiros do grupo de goberno que “supliron a miña ausencia, aos traballadores a a todo o público que estivo seguindo esta proba única en España”, conclúe a alcaldesa, calificando a estes deportistas de “súper homes e mulleres”.

Fotos: Spain Backyard Ultra.

 

Artigos relacionados

Back to top button