IES Xermán Ancochea de Trives e Lauro Olmo do Barco na final do Rally Matemático Sen Fronteiras 2015
9 de Abril de 2015
Os equipos gañadores, de 2º e 4º da ESO, irán a Toulouse (Francia) en maioGañadores do Rally Matemático e Científico sen fronteiras 2015. /Foto: igaciencia.eu.
Por segundo ano consecutivo, o equipo do IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras, coordinado pola profesora Isabel Álvarez Sánchez, convertíase no gañador galego de 4º da ESO no Rally Matemático e Científico sen Fronteiras 2015, cuxa final autonómica se celebraba o 8 de abril na Facultade de Químicas de Santiago de Compostela.
Sen saír do oriente ourensán, o equipo do IES Xermán Ancochea Quevedo da Pobra de Trives, coordinado polo profesor Carlos Ferreiro García, gañaban en 2º da ESO (o ano pasado quedaban ás portas).
Ámbolos dous equipos loitarán na gran final internacional que se celebrará en maio na cidade francesa de Toulouse.
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.
Usamos cookies no noso sitio web para proporcionarlle a experiencia máis relevante lembrando as súas preferencias e repetindo visitas. Ao facer clic en "Aceptar", acepta o uso de TODAS as cookies.
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia ao navegar polo sitio web. Destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usa este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a desactivación dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.