OurenseÚltima hora

Igualdade e inclusión no deporte, valores dos “Special Olympics Galicia”

O delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, inauguraba hoxe os XXI Xogos autonómicos de atletismo

 

Na inauguración dos XXI Xogos autonómicos de atletismo Special Olympics Galicia, que teñen lugar na pista de atletismo de Monterrei, no concello de Pereiro de Aguiar, o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, defendeu os valores do deporte como unha actividade inclusiva e igualitaria.

No acto celebrado na mañá deste sábado 24 de abril, Gabriel Alén amosou a súa admiración e recoñecemento polos participantes desta iniciativa. “Substantivos -engadiu o delegado territorial- que resumen os meus sentimentos polas persoas que son exemplo permanente de superación e que entenden, igual que eu entendo por profesión e devoción, que das cinco áreas fundamentais do adestramento deportivo: resistencia, velocidade, forza, habilidade, e espírito, o máis importante é este último por ser o lugar onde habita o progreso e descansa o predominio”.

 

 

O representante do Goberno galego en Ourense salientou o traballo permanente da Xunta pola inclusión das persoas con discapacidade. Nesta liña, recordou que “a discapacidade, sexa do tipo que sexa, debe atenderse desde a perspectiva da igualdade, a non discriminación, a accesibilidade universal e a acción positiva. Non se trata de adaptarse para integrarse na sociedade, senón que é ela a que debe estar atenta ás necesidades de cada persoa”, dixo gradecendo aos participantes e organizadores “o esforzo realizado en aras dunha extraordinaria oportunidade para que estes deportistas galegos con discapacidade desenvolvan as súas aptitudes físicas e demostren que son capaces de competir e de ensinarnos”.

 

Artigos relacionados

Back to top button