OurenseÚltima hora

“Charo López” na II edición da Pasarela Calpurnia – As Burgas

A piscina termal acollerá, o 19 de setembro, o desfile de moda coa presenza de 14 firmas
Posta en escea da I edición da Pasarela Calpurnia. /Foto: Carlos G. Hervella.
Posta en escea da I edición da Pasarela Calpurnia. /Foto: Carlos G. Hervella.
Un momento do desfile o ano pasado nas Burgas de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.
Un momento do desfile o ano pasado nas Burgas de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

Con vocación de permanencia e a intención de dinamizar e promocionar o turismo, o termalismo e o comercio, nacía a Pasarela Calpurnia – As Burgas. Así o aseguraba o presidente da Federación de Comercio de Ourense, Aurelio Gómez Villar, na presentación da segunda edición do certame, que terá lugar o vindeiro sábado 19 de setembro ás 20:30h. con acceso libre e gratuíto, de novo na piscina termal “contando tamén co entorno de As Burgas, onde naceu e viviu Calpurnia, dama que os expertos consideran a primeira ourensá da época romana”, dixo o presidente da Federación de Comercio de Ourense.

Segundo adiantou Gómez Villar, as firmas participantes pasaron das oito da primeira edición ás catorce que estarán presentes este ano “quedando fóra outras, ante a imposibilidade de incluilas todas, dado o formato do evento, pero que sí o farán en próximas edicións”. Un dos obxectivos que se perseguía, segundo o presidente dos comerciantes, de xeito que se abran posibilidades para a xente que chega e que poidan participar deseñadores e empresas.

Presentación da II edición da pasarela, na CEO.
Presentación da II edición da pasarela, na CEO.

Aurelio Villar tamén avanzou a idea de que vaian incorporándose firmas do resto da provincia como é o caso dun establecemento de O Barco de Valdeorras, “Charo López-Moda Festa e Cóctel Muller”. Xunto a el participarán “Ana Barril Novias”, “Tabatas Peletería”, “Alvarino-Cerimonia Home”, “Íntimo Varela-Lencería Home”, “Íntimo Candy-Lencería Muller”, “Joyería Loyma”, “El Vestidor de Antonia-Moda Festa Muller”, “Cuplé-Calzado Muller”, “C-Serrano-Moda Festa Muller”, “Anna-Moda Muller”, “Serie B-Moda Xuvenil Home e Muller”, “Level-One-Moda Home e Complementos” e “Barros Moda -Calzado Home”.

Sobre a pasarela que se habilitará sobre a piscina termal desfilarán quince modelos profesionais, dez mulleres e cinco homes, no medio “dunha atmósfera romana”, segundo dixo o director creativo do certame Antonio Bugallo, que será “un gran espectáculo”, no que tamén haberá música.

Artigos relacionados

Back to top button