CulturaCulturaÚltima hora

II Festa da Malla en Sande (Cartelle), o 19 de agosto

 

O labor tradicional da malla revivirá a vindeira fin de semana en Sande (Cartelle). O sábado, día 19 de agosto, esta localidade celebrará a segunda edición da Festa da Malla, co que se rememorá un “traballo agrícola moi estendido que tamén nesta zona facía que os veciños se unisen para colaborar uns con outros ata obter o prezado gran, materia prima para a elaboración do pan e a alimentación dos animais da casa”, explican dende a Asociación Cultural Entroido de Sande, organizadora da iniciativa.

Así, para chegar a esta festa, dende esta entidade fai meses que se sementou centeo e trigo e, fai unhas semanas tocou facer a sega para construir as medas que os veciños recollerán o mesmo día 19 pola mañá. Pola tarde, a partir das 18,00 horas do sábado comezará a malla cos tradicionais manles nos que aos recuperados de antigas cortes, se lle suman seis feitos para a ocasión por un veciño. Tras o traballo, toca recuperar forzas cun pincho de pan con chourizo, viño, sobremesa e licores. O pero son 8 euros e haberá prazas límitadas (anotarse ata o xoves 17 no número 630 783 662).

Seguindo os obxetivos da primeira edición, “buscamos facer partícipes aos pequenos do que significa este traballo agrícola e da importancia da unión que había entre todos os vecinos do pobo. Unha unión que nunca debe perderse no noso rural. Ademais, os máis maiores levan semanas contando como o vivían, como se facía, mil e unha anécdotas… converténdose na mellor memoria viva que temos”, adiandan os promotores.

Outras actividades

Paralelamente, a asociación organizou actividades unha vez máis para os cativos. Tras unha sesión de cine, e xogos de auga, ten preparada unha xornada de cocina na que elaboraron divertidas creación a base de froita, fixeron sándwiches de cores e hubo postre doce de biscoito feito tamén por eles mesmos.

“Queda pendente unha nova sesión de cine ao aire libre para este venres. Un modo de que a rapazada que pasa o verán na localidade se coñeza e desfruten dos seus veráns no pobo como antes, lonxe de pantallas, con moitas actividades ao aire libre, bicicletas, río, piscinas…”, conclúen dende a Asociación Cultura Entroido de Sande.

Fotos: Asociación Cultural do Entroido de Sande.

Artigos relacionados

Back to top button