ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

II Marcha cicloturista do CEIP Otero Pedrayo de Viloira (O Barco)

Nesta iniciativa, cun percorrido ata A Raña e logo regreso ao centro escolar, participaban máis de 70 alumnos de diferentes cursos, nais, pais e profesorado

Máis de 70 alumnos (de todas as idades) do CEIP Otero Pedrayo de Viloira (O Barco), acompañados de pais, nais e profesores iniciaban, rozando as once da mañá, unha marcha cicloturista con destino A Raña e regreso. A saída do centro o resto do alumnado despedía e animaba aos participantes nesta actividade (aberta a todos os escolares do centro), que se fai por segundo ano consecutivo e que está incluída no Plan Proxecta Mobilidade Sostible e Segura.

Tras tomar a saída, os ciclistas, precedidos pola Policía Local, cruzaban a ponte de San Fernando sobre o río Sil e dirixíanse, polo casco antigo ata o Malecón. Dende alí xa enfiaban ata o polígono, onde tiñan previsto dar a volta para regrasar, pola outra beira do río, ata o CEIP. Con esta iniciativa colaboraba tamén a Cruz Vermella.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button