
No marco da celebración das Festas de Verán de Quiroga, en agosto, incluírase novamente a segunda edición de “NOITE DE ESTRELAS-Andaina Nocturna Solidaria coa Asociación Española Contra o Cancro” (AECC), que na primeira edición lograba un éxito de participación con ata 350 camiñantes.
“Seguindo a estela da Night Trail e Night Run, pero esta vez soamente con Andaina, este ano a proba terá como novidade dous percorridos un de 4km e outro de 8km”, adiantan os promotores. Así, a ruta sairá o vindeir 6 de agosto ás 22:15h. da Praza Rúa Lago, para logo continuar ata o Paseo Fluvial, e na Ponte de Villaverde darase a volta para a meta no caso dos camiñantes dos da distancia curta , mentres que os de 8km continurán ata Ribeira de abaixo e San xulian de arriba e de abaixo.
Todo o recaudado nesta actividade deportiva benéfica será doado á AECC. O prezo das inscricións será de de 5€ para Adultos e 3€ para menores de 16 anos. “As inscripcións faranse na recepción do Concello de Quiroga polas mañás de 9:00 A 14:00 ata o 5 de agosto. Tamén se poderán apuntar de 21:00 a 22:00m o mesmo día da proba na Praza Rua LAGO(diante da Botica)”, segundo a organización que tamén matiza que os 200 primeiros en anotarse recibirán unha camiseta técnica gratuita.
