DeportesGalerías de fotosÚltima hora

II Xornada previa de atletismo en pista “Xogade”, no Barco

Atletas alevíns, benxamíns e infantís de diferentes partes do oriente ourensán participaban na II Xornada previa de atletismo en pista “Xogade”, que se desenvolvía ao longo da tarde do 14 de abril nas pistas barquenses de Calabagueiros.

Entre os clubs participantes non faltaba unha ampla representación do Club Adas, así como do Club Atletismo Rúa, do CEIP Bermúdez Couso de Trives ou co CEIP de Viana do Bolo. O programa deportivo comezaba ás catro e media da tarde coa proba de 3 km marcha infantil e co lanzamento de martelo, logo viña o salto de altura, seguido de carreiras de diferentes distancias, ademais do lanzamento de peso e do triple salto.

A organización desta proba estaba en mans da Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo (FGA) e contaba co control do Comité Valdeorrés de Xuíces da FGA e co patrocinio do servizo provincial de Deportes da Xunta de Galicia.

 

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button