OurenseÚltima hora

II Xornadas de Saúde Mental materna en Ourense

Neste foro participaban 14 relatores distribuídos en 4 mesas redondas nas que se abordaban temáticas como os “cambios na muller embarazada”, a “infertilidade”, a “adopción” e a “xestación subrogada”

O Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense acollía os días 3 e 4 de maio as II Xornadas de Saúde Mental coa asistencia dunhas 60 persoas. Neste foro participaban 14 relatores distribuídos en 4 mesas redondas nas que se abordaron temáticas como os “cambios na muller embarazada”, a “infertilidade”, a “adopción” e a “xestación subrogada”.

Entre as aportacións realizadas polos ponentes, dende a organización salientánse, entre outras, que “que a nai fume no embarazo ten como consecuencia que diminúa a capacidade reprodutiva da filla que está xestando ata o 50%” de David Gómez (médico obstetra) e que “non apartemos a mirada cando hai unha perda, morreu, pero era meu fillo”, tal e como apuntaba Iria Figal (psicóloga perinatal).

A psicóloga Yudit González apuntba que “dar un fillo en adopción supón a última proba de amor, e quizais a máis grande, por parte da familia biolóxica que considera que pode darlle a ese fillo a oportunidade de ter un fogar máis protector, por elo debemos mirar a esa familia biolóxica con moitísimo respecto”.

Esta iniciativa está promovida por Physiovertex coa colaboración da Deputación de Ourense e do Concello e con patrocinadores do comercio local. “As impresións foron moi boas, valorouse tanto a boa organización como a calidade das intervencións”, aseguran dende a organización das xornadas.. A cita terá continuidade anual.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button