SanidadeÚltima hora

III Andaina Solidaria a favor da Fundación Andrea en Taboadela

Esta iniciativa está promovida polo Servizo de Pediatría do Hospital Universitario de Ourense

Presentación da Andaina de Taboadela./ Imaxe cedida.

 

O Servizo de Pediatría do Hospital Universitario de Ourense organiza a terceira edicion da Andaina Solidaria en Taboadela destinada a favor da labor social da Fundación Andrea, de apoio aos nenos con enfermidades de longa duración, Crónicas e Terminais, organización, sen fins de lucro, que colabora activamente nos proxectos de humanización das áreas de pediatría. A súa presentación tiña lugar esta mañá no hospital ourensán.

A iniciativa terá lugar o vindeiro sábado 2 de abril, e os participantes terán que percorrer unha ruta circular de 12 kilómetros con saída e chegada do local social de A Rabeda (Taboadela) e onde os asistentes disporán de diversos puntos de avituallamento, grazas a colaboración de numerosas empresas e asociacións colaboradoras locais, que contribúen así ao que os fondos recollidos mediante a inscrición se destinen integramente a esta labor social.

 

 

A saída da proba está prevista para as 10.30 h. e rematará no Centro Social de A Rabeda, onde se celebrará un xantar.

O prezo da inscrición é de 10 euros, e tan só é preciso realizar unha transferencia á conta da F. Andrea (ES64 2100 4876 032200044308) poñendo nome, apelidos e DNI e incluíndo como concepto “ASOU”.

Ademais, para todos aqueles que desexen colaborar e non podan asistir, existe outra posibilidade de facelo: realizando igualmente a inscrición, coa cantidade que se desexe aportar, e indicando “Dorsal 0”.

Artigos relacionados

Back to top button