Nesta fin de semana comezaba a liga na Segunda Futgal Ourense e non podía ter ido mellor para o CD Rúa que xogaba en casa, no campo Vicente Solarat Maceda ante o Taboadela ao que superaba por 2 goles a 0.
Na tarde deste domingo 8 de setembro un renovado Rúa co berciano Heriberto Broco no banquiño saltaba ao terreo de xogo disposto a sumar os tres primeiros puntos e xa dende o primeiro momento facían méritos para logralo con dinamismo e xogadas cheas de oportunidades aínda que o gol facíase rogar.
Non era ata o minuto 28, cerca xa do descanso cando Eric lograba traspasar a portería visitante poñendo o 1-0 no marcador. O segundo gol, obra de Rober (unha das novas incorporacións) chegaba xa no 90, no fio do desconto.
Con este resultado o equipo amarelo suma tres puntos situándose na zona alta da clasificación. A segunda xornada xogarana no campo do Rocas.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.