Tres puntos máis que o asentan no segundo posto da clasificación. Na tarde deste domingo 19 de novembro, o CD Córgomo Vilamartín disputaba en casa, no Campiño de Viloira (O Barco), o partido da xornada 10 de Segunda Galicia ante o CD Taboadela, que se levaban por un contundente 3-0. Tres goles marcados na primeira parte que dan tres novos puntos aos verdibrancos de David Pérez.
Era Borgas quen adiantaba aos valdeorreses no marcador co primeiro gol da tarde o minuto 15 e apenas dous despois Sylla poñía o segundo. O terceiro gol marcábao Dani Real no minuto 27 chegando ao descanso co 3-0. Tralo paso polo vestiario os do Taboadela saían dispostos a marcar, con intensos ataques e tiros a porta que non deron no branco. Tamén o CD Córgomo tivo máis oportunidades pero o marcador xa non se movería, rematando o partido coa vitoria local.
A vindeira cita para os vilamartineses será no Campo Os Torgás contra o UP Taboadela.
Fotos: Mónica G. Bellver.