ConcellosÚltima hora

O barquense Manuel Juan Otero, 2º premio no V Concurso de Fotografía do Concello de Taboadela

A imaxe premiada leva por título "Conectando Lazos Familiares"

“Conectando Lazos Familiares” de Manuel Juan Otero.

 

O fotógrafo barquense Manuel Juan Otero Pérez, vén de ser galardoado co 2º premio (cunha dotación de 100 euros) no V Concurso de Fotografía do Concello de Taboadela pola súa imaxe titulada “Conectando Lazos Familiares”.

Nesta ocasión o certame levaba por título “Vínculos duradoiros: Conectando xeracións” e contaba cun xurado formado por: Esther Montecelo, Concelleira de Cultura de Taboadela; Alejandro Camba, fotógrafo de natureza e fotoperiodista de La Voz de Galicia; e José Ramón Losada Gallego, administrador do grupo e páxina de Taboadela, empresario e fotógrafo que elixiron as tres mellores fotografías tendo en conta criterios de impacto visual, creatividade, técnica, composición, retoque e pertinencia temática á convocatoria.

 

Artigos relacionados

Back to top button