EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

III Concurso de Cata por parellas Concello de Sober

Trátase dunha das actividades enmarcadas dentro do "Mes do Amandi", organizado pola Fundación Belarmino Fernández Iglesias e o Concello

 

O Centro Cultural de Sober acollía o 19 de marzo o III Concurso de Cata por parellas Concello de Sober, unha das actividades enmarcadas dentro do “Mes do Amandi”, organizado pola Fundación Belarmino Fernández Iglesias e o Concello. Os participantes eran recibidos pola organización no Centro Cultural de Sober e, tras a presentación do concurso, estiveron probando no túnel do viño as 20 referencias que podían formar parte de cata.

Unha vez comezado oficialmente o concurso os participantes tiveron que diferenciar dez dos viños seleccionados polo xurado, que estaba composto por Cristina Vázquez, directora da Adegas Os Cipreses, Fran Gómez, director comercial do grupo Mendez-Rojo e Bruno Lobelle, propietario da empresa Vino Sacra, indicando tipo de uva, añada e tipo de elaboración (xove ou barrica).

Cando finalizou e tralo reconto das puntuacións houbo que facer un desempate entre dúas parellas que optaban ao segundo e terceiro posto e procedeuse ao nomeamento das tres parellas gañadoras resultando:

– No terceiro posto: Davinia Álvarez Díaz e Yoel Dieguez Reguera, alumnado do Ciclo Formativo de Grao Medio de Aceite de oliva e viños do Centro educativo Concepcionistas Camponaraya de Ponferrada, e o premio foi entregado por Cristina Vázquez, directora da Adega Os Cipreses.

– No segundo posto: Noemí Lariño Romay e Rafael Rodríguez Rodríguez, participantes amateur, e fixo a entrega do premio Rebeca Vázquez, directora do Escola Belarmino Fernández Iglesias.

– No primeiro posto: Cristina Rodríguez Saá e Hugo Pérez Madarnás, alumnado do Ciclo Formativo de Grao Superior de Vitivinicultura do CPR Belarmino Fernández Iglesias facendo a entrega do premio Luis Guitián, alcalde do Concello de Sober.

Os agasallos que consisten en: 1ª Parella Clasificada: Comida/cea no Restaurante Berso en Sober e unha ruta guiada en quad polos viñedos coa empresa Sacra Aventuras; 2ª Parella Clasificada: Comida/cea no Restaurante Berso en Sober e dous enfriadores de viño de Cerámica de Gundivós e 3ª Parella Clasificada: Dous enfriadores de viño de Cerámica de Gundivós, serán entregados no recinto ferial da XLIV Feira do Viño de Amandi o vindeiro domingo 24 de Marzo ás 13:30 horas durante a entrega de premios da Cata oficial dos Viños de Amandi.

Ao remate do concurso os participantes desfrutaron nas instalacións da Escola Belarmino Fernández Iglesias dun aperitivo elaborado e servido polo alumnado dos Ciclos Formativos de Grao Medio de Cociña e gastronomía e de Servizos en restauración que estudan no Centro.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button