ConcellosSoberÚltima hora

O Concello de Sober repartirá 2.000 racións de rosca con queixo no marco da feira, o 12 de agosto

 

Os días 11 e 12 de agosto o Concello de Sober celebra a XXVII Feira da Rosca, Mel e Outros Produtos da Ribeira Sacra e o VI Túnel do Viño de Amandi.

A celebración comeza o domingo día 11 de agosto coa inauguración ás 18 horas do VI Túnel do Viño de Amandi, a cargo de Vinosacra.es. Trátase dun evento no que participan 25 adegas e 50 referencias de viños da subzona de Amandi e Sober que se poden degustar nunha carpa instalada na Praza do Concello. Colabora co evento a empresa cárnica lucense Torre de Núñez.

O luns día 12 de agosto a programación dará comezo ás 10 horas co disparo de bombas de palenque. Ás 10:15 horas farase a apertura dos postos de rosca, mel e outros produtos da Ribeira Sacra. Ás 11 haberá unha demostración de talla con motoserra a cargo de Eugenio Linares. Entre as 11 e as 13 horas haberá un obradoiro de feltro para todos os públicos a cargo de Ovella Viva. Ás 12 horas terá lugar a actuación do Grupo Os Falcatrueiros. Ás 13 horas farase a tradicional degustación gratuíta de 2.000 racións de rosca de Sober con queixo coa colaboración de Queserías Prado.

O horario do Túnel do Viño de Amandi será de 18 horas a 22 horas o domingo e de 11 a 15 horas o luns. O domingo ás 21 horas actuará o grupo Deuce.

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button