DeportesÚltima hora

III Piraguaina do Club Montaña Trives, o 22 de xullo

Desenvolverase a partires das seis da tarde no encoro de Chandrexa de Queixa
Imaxe dunha edición anterior da Piraguaina./ Foto cedida.

Pola súa terceira edición vai xa a Piraguaina, unha singular proba deportiva que promove o Club Montaña Trives. Está programada para o vindeiro 22 de xullo no encoro de Chandrexa de Queixa.

A saída da proba darase ás 18h. e o traxecto terá unha duración aproximada dunhas dúas horas e media. Despois os participantes deixarán as embarcacións e compartirán unha cea no restaurante Cardiego ás 21h. Será a base de churrasco.

As persoas interesadas en tomar a saída nesta piraguaina poderán inscribirse ata o 18 de xullo no correo club.montana.trives@gmail.com. As prazas son limitadas. O custe da piragua e da cea será de 20 euros para os socios e de 25 euros para os non socios.

Artigos relacionados

Back to top button