EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

III Ruta dos Pinchos da Feira do Viño de Valdeorras, saborosa antesala do certame

Preto de vinte establecementos de hostalaría barquense ofrecían unha variada oferta de pinchos que podían maridarse cos viños desta denominación

Diferentes texturas, sabores e elaboracións, pero harmonizadas cos godellos e mencías valdeorreses. Nos días 12 e 13 de xullo desenvolvíase no Barco a III Ruta dos Pinchos da Feira do Viño de Valdeorras. Nesta exitosa iniciativa participaban preto de 20 locais de hostalaría, cada un dos cales ofrecía orixinais e diferentes pinchos ao prezo de 1,70 euros.

As propostas ían dende as “cestiñas de cristal” da Cafetería Cristal, ás filloas recheas de delicias do mar do Café Bar San Roque e o Pincho Vinum (do local do mesmo nome) ata o capricho de bacallau do Restaurante Piquiño e as piruletas crocantes de polo á mostaza e mel do Divino Paseo.

Tamén estaba na ruta o Bar A Cova cunha “frincadela especial e croqueta holandesa”, A Maltería, o Restaurante Fernando III cos seus pementos recheos de bacallau con gulas nunha salsa de ameixas, a Tapería Al Natural con mexillóns picantes, o Restaurante Tomás cun cóctel do mar e montaña ao godello, a Taberna O Buraco con xarrete ao viño tinto e Casa Ignacio cun niño de paspallás, tosta con carpaccio de bacallau, folla de primavera e saquiños de bacallau.

A oferta desta ruta completábase co follado recheo de paté de mexillón do Restaurante La Gran Tortuga, coas carrilleiras ao mencía de Il Piacere Gastrobar, co pincho de Casa Lameiro e coa “barrica” de La Querida.

Numerosas persoas degustaban esta ampla e variada oferta de pincho ao longo dos dous días da ruta, que nesta fin de semana do 14 e 15 de xullo dá paso á celebración da XXI Feira do Viño de Valdeorras. Esta iniciativa gastronómica ten sido organizada pola Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), O Barco Centro Comercial Aberto (CCA) e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button