DeportesÚltima hora

III Travesía a nado de Valdeorras, en Vilamartín o 9 de setembro

A cita será organizada polo Adas Natación e terá como antesala unha proba popular que se celebrará ese mesmo día ás 11:30h. no Barco
Nadadores a punto de tomar a saída na pasada edición da Travesía a Nado de Valdeorras, en Vilamartín./ Foto: Ángeles Rodríguez.

En terras valdeorresas se disputará o 9 de setembro a derradeira proba do XIV Circuíto Galego de Augas Abertas da Federación Galega de Natación. A travesía mantén un esquema moi similar ao de edicións anteriores. Comezará ás 17h. na zona do Bañadoiro e terá dous percorridos: un de 2.525 metros e outro de 5.050 metros.

As persoas interesadas en participar poderán realizar a súa inscrición ata o 6 de setembro ás 24h. na web www.crono10.com. O prezo da inscrición é de 12 euros.

Como antesala desta competición galega, está prevista ademais unha travesía popular o mesmo día 9 de setembro, pero ás 11:30h. e no río Sil ao seu paso polo Barco. Neste caso as inscricións poderán realizarse nas tendas de deportes colaboradoras ou na oficina de Deportes do Concello do Barco.

 

Membros do Adas Natación, club organizador da proba, tras a entrega de premios da pasada edición desta cita de augas abertas en Valdeorras./ Foto: Ángeles Rodríguez.

 

Esta cita popular será non competitiva e sen cronometraxe. Cubrirá unha distancia duns 350 m, que irán dende as proximidades da pasarela peonil da zona vella do Barco ata o inicio do Malecón.

Esta travesía será organizada polo Adas Natación en colaboración cos Concellos de Vilamartín e O Barco.

Artigos relacionados

Back to top button