DeportesÚltima hora

Íker Díaz, con orixes no Barco, leva un mes á fronte do equipo de Prata Feminino do Club Balonmano Benidorm

Íker Díaz de pé no banquiño do equipo de prata feminino./ Foto cedida.

 

Valdeorras foi e segue sendo cuna de grandes deportistas, tanto a nivel de competición como de adestramento, espallados polo mundo que destacan en diferentes disciplinas. Un exemplo témolo en Íker Díaz, con orixes no Barco, que leva un mes á fronte do equipo de División de Honra de Prata Feminina do Club Balonmano Benidorm.

Natural do País Vasco aínda que a familia paterna é do Barco de Valdeorras, Íker fichaba polo club valenciano no verán de 2023 e estaba adestrando á base ata que “coa única intención de buscar un cambio de dinámica nos resultados do equipo feminino”, o club tomaba a decisión de cesar ao anterior adestrador e ofrecerlle o posto a el.

 

Íker é manteado pola base do club./ Foto cedida.

 

“Cando collín o equipo, o 11 de decembro, tiña que xogar contra o último da táboa que xoga por non descender e ganamos ese partido co cal nos distanciamos un pouco derse posto e estamos salvadas de momento, pero seguimos en zona de perigo”, di o adestrador, asegurando que o obxectivo é salvar a categoría.

Aínda que comezou xogando ao balonmán de neno no colexio, Íker tiña claro que o seu era formar e preparar  e con 15-16 xa empezou a adestrar a nenos do seu club do País Vasco. “Pouco a pouco fun collendo experiencia, fun formándome e cando me din conta estaba adestrando a xente adulta”, conta. A pasada tempada estaba en Canarias e este ano desprazábase ata Benidorm para emprender un novo proxecto no club de referencia da cidade.

Artigos relacionados

Back to top button