ConcellosÚltima hora

A imaxe do Nazareno, en procesión polo Barco

Centos de persoas participaban no mediodía do 14 de setembro na procesión do Cristo no Barco. A comitiva relixiosa partía da igrexa de San Mauro ás 12h., precedida polas Calantornias e polos Cabezudos e polas marchas procesionais do grupo tradicional Os Pamplinas.

De seguido, ía a imaxe do Nazareno, acompañada polos cofrades, despois, a Banda de Música de Celanova. Este ano a procesión mudaba o seu precorrido con respecto ao 2016 e, tras baixar pola rúa Escura e subir pola Real ata Doutor Pérez Lista, iniciaba o camiño de regreso por Marcelino Suárez ata a praza Maior onde se celebraba a misa.

Máis fotos:
https://osil.info/especiales/o-barco-leva-en-procesion-ao-nazareno-precedido-polas-calantornias-e-os-cabezudos/#!

https://osil.info/especiales/a-banda-de-musica-de-celanova-pon-son-ao-dia-grande-das-festas-do-cristo-no-barco/

Artigos relacionados

Back to top button