CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

Impoñente vitoria do CD Barco en casa ante a SD Sofán

Co 5-2 remataba o partido correspondente á xornada 11ª en Terceira RFEF disputado en Calabagueiros

 

Tras unha racha de sequía con dous empates e tres derrotas, o CD Barco reecontrábase coa vitoria na tarde deste domingo 14 de novembro en casa. E facíao ao grande cunha impoñente vitoria 5-2 ante o SD Sofán de Carballo.

Corría a xornada 11ª e a directiva do Centro de Deportes Barco sorprendía aos asistentes cunha chourizada, aínda que o mello para os afeccionados foi o resultado do equipo. Sen case tempo de colocarse no terreo de xogo, Juan Barbeito sorprendía ao rival cun temperán gol no minuto 1. Un tanto que marcaría o desenvolvemento do partido cun xogo rápido e efectivo.

 

 

Os do Barco seguían enchufados no partido e no minuto 20 Morais marcaba o segundo gol, seguido do que Duque anotaban no 41′. Tralo paso polo vestiario os coruñeses recurtaban distancias cun gol de Mallo no 53′, pero só dous minutos despois Morais volvía anotar para O Barco, poñendo o 4-1 n o luminoso. No minuto 87 Pazos marcaba o 5º gol local e dous minutos despois Gallego marcaba o segundo visitante sen tempo xa para máis.

Ao final 5-2 e importante vitoria para o CD Barco que suma tres puntos e mantense no terceiro posto da clasificación en Terceira RFEF. A seguinte cita será no campo do SD Juvenil Areas.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button