EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Importadores nipones visitan as adegas valdeorresas

Esta iniciativa forma parte da misión comercial inversa con Xapón promovida pola CEO e dirixida ao sector agroalimentario da provincia

Ata a comarca de Valdeorras se achegaban ao longo da xornada do 25 de maio os catro importadores que participan na misión comercial inversa de Xapón promovida pola Confederación Empresarial de Ourense (CEO) na provincia. Así Shiho Muramatso, Kayoko Ochiai e Yumi Akimoto, e Takahiro Kasuga (en representación das empresas Seikhosa Co. Ltda., O’Let Japan e Vox Trading Co., respectivamente) visitaban as adegas Virxe de Galir, Godeval, Santa Marta, D’ Berna e Joaquín Rebolledo. Isto permitíalles coñecer de preto as características dos godellos e analizar cos empresarios desta zona as posibilidades de comercializar estes viños da D.O. Valdeorras nos mercados do Xapón.

Más alá do viño, o produto que máis triunfaba entre os importadores nipones era o licor café, que esperan poder comercializar proximamente no seu país. Ademais de percorrer as adegas, tamén se desprazaban ata a empresa Castanval.

Pola tarde, trasladábanse ata a Ribeira Sacra para coñecer os canóns do Sil e a viticultura heroica desta zona, ademais de ver adegas desta denominación e comprobar o potencial turístico da provincia. Mañá aproveitarán o derradeiro día da súa estadía en Ourense para coñecer máis adegas de colleiteiros do Ribeiro.

Fotos: Carlos G. Hervella, agás as tres últimas da galería que son cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button