CulturaCulturaÚltima hora

Inaugúrase en Chaguazoso (Vilariño de Conso) o monumento á copla “O caso das Piornizas”

Tiña lugar na tarde do 24 de xaneiro como acto previo á I fase do Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas que se celebrará mañá pola mañá

Inauguración do monumento en Chaguazoso. /Foto cedida.

 

Mañá, sábado 25 de xaneiro, celebrarase en Vilariño de Conso a primeira fase do XI Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas que reuniá a uns 600 gaiteiros procedentes de bandas de diferentes municipios das provincias de Ourense, León, Lugo, A Coruña, de Asturias e Portugal.

O evento de música tradicional, que estará adicado a Adelaida Domínguez Pérez, comezará a partir das 11 da mañá e incluirá unha mostra de produtos típicos da zona como o Montonico ou o cabrito; e unha pequena representación do Entroido. E como acto previo, nesta tarde de 24 de xaneiro, iaugurábase en Chaguazoso o monumento á copla “O caso das Piornizas”, creada por Leandro Besteiro en 1949.

Foi un acto sinxelo que contou coa presenza da alcaldesa de Vilariño de Conso Melisa Macía; do director da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense Xosé Lois Foxo; e da Banda de Gaitas do Concello de Vilariño; entre outros.

Artigos relacionados

Back to top button