EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Inaugúrase na Rúa “Magadán & Oliva”, un centro de fisioterapia, nutrición e adestramento funcional

 

Non abrirá as portas oficialmente ata o vindeiro luns 15 de novembro, pero na tarde deste venres día 12, presentábase na Rúa un novo e revolucionario centro multidisciplinar que ofrece nun mesmo local, servizos de fisioterapia, nutrición e adestramento funcional, Magadán & Oliva.

Un establecemento ubicado na rúa Progreso, 21, con Roberto G. Magadán (Graduado en Fisioterapia e Ciencias da Actividade Física e Deporte) e Andrea Oliva (Técnico Superior de Dietética e Nutrición) á fronte, no que, tal como eles mesmos explican “tratamos persoas desde un punto de vista multidisciplinar, abordando todas as súas necesidades para a mellora da súa saúde global”.

 

Roberto e Andrea, responsables do centro de rehabilitación e nutrición.

 

E para iso contan, ademais dos seus coñecementos e experiencia, con equipos de última tecnoloxía cos que diagnosticar, previr e proporcionar a maior eficacia no tratamento das patoloxías dos clientes.

Ademais dos tratamentos de fisioterapia, nutrición e fisioestética, en Magadán & Oliva son especialistas en ioga, ioga aéreo, adestramento funcional ou en parellas, costas sas, rehabilitación funcional e readaptación de lesións, ofrecendo servizos a domicilio e tamén en residencias.

 

Asistentes á inauguración.

 

O horario do centro é de luns a venres de 9 a 13:30 e de 15 a 20:30 horas.

Fotos: O SIL.

Artigos relacionados

Back to top button