EconomíaEconomíaÚltima hora

Inaugúrase o espazo Coworking de Valdeorras, situado na Rúa

Conta cun total de 20 proxectos de emprendedores inscritos, deles 12 corresponden a mulleres e 8 a homes

 

O espazo coworking da comarca de Valdeorras, con sede na Rúa, inaugurábase onte nun acto que contaba coa asistencia do alcalde rues, Álvaro José Fernández López. Na súa intervención amosaba o agradecemento pola “magnífica acollida desta iniciativa e o apoio aos emprendedores nesta nova andaina”.

Este espazo de emprendemento contará cun total de 20 proxectos inscritos, “cumprindo así coa expectativa inicial”, indicaba o rexedor. Destes 20 proxectos, 12 corresponden a mulleres e 8 a homes.

Aproveitando o acto de inauguración e despois da intervención de Fany Suárez, do Igape, e de Javier Benito, da EOI; o mentor residente, Lois Babarro expoñía os puntos clave nos que se vai basear este espazo e fixou tamén o cronograma que os emprendedores deberán completar para acadar o obxectivo: “madurar os seus proxectos contando co asesoramento necesario”.

 

 

Tras a realización das cinco edicións anteriores desta iniciativa que a Xunta de Galicia leva a cabo en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI), frutificaron na provincia de Ourense un total de 89 empresas, e creáronse 122 empregos. A nivel galego, un 54% dos proxectos que pasaron polas diferentes edicións dos coworkings que se foron convocando consolidáronse como empresas.

Así, son en total 384 novas inciativas, que permitiron a creación de 624 empregos en municipios localizados no rural, favorecendo a cohesión social e territorial.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button